Evento

11 Abril 2019

Pazo da Cultura de Narón

Icono transformación tecnologia

TRANSFORMACIÓN DIXITAL

 

O gran reto da empresa a calquera nivel para competir. A transformación dixital é algo máis que necesario, obrigatorio, e desde logo moito máis que grandes palabras que parecen inaccesibles. Transformación Dixital é un concepto demasiado amplo moi difícil de abarcar nunha hora, pero a súa base é a páxina web, mensaxe e posicionamento. Por isto, para xerar o maior valor posible para todos os asistentes, enfocaremos a mensaxe aí. Como se busca que o evento sexa de gran valor, dinámico e participativo farase en directo unha auditoría de impacto de páxinas web en directo.

Desarrollo de personas

DESENVOLVEMENTO DE PERSOAS

 

Os tempos cambiaron, as persoas cambiaron, as súas motivacións non son as de antes, e as claves para a súa xestión poden non ser as mesmas que no pasado funcionaban. Nun mundo globalizado, competir polo talento quizás xa non sexa cuestión de talonario. Vender, por exemplo, nun mundo onde xa non existen vantaxes competitivas claras quizás sexa cuestión de “persoas”, e a clave para poder competir podería pasar por organizacións eficientes capaces de xerar gran confianza, orientadas ao cliente e moi implicadas. Todo isto é imposible sen o concurso de ferramentas específicas. Estamos seguros que o coaching é una delas clave para isto.

icono mediadores

MEDIACIÓN

 

Nunha España con xulgados saturados, unha solución rápida, eficaz e flexible que aínda non está xeneralizada a nivel empresarial, persoal e institucional.

Icono manager

A FIGURA DO INTERIM MANAGER

 

Unha figura moi utilizada noutros países, moi descoñecida aínda no noso. A forma máis flexible, barata e accesible de contratar talento e grandes profesionais para afrontar os problemas dunha empresa, hoxe e para o futuro.

Icono puzzle

O EMPRENDER É UN XOGO, PERO NON DE NENOS

 

Da man de Manuel Dafonte catro empresarios disputarán en directo O Xogo de Emprender creado por Manuel Dafonte. Un xogo que invita á reflexión no escenario sobre os problemas e os retos aos que se enfrontarán os empresarios do presente e do futuro. Un xogo para non cometer erros, y sobre todo, para non repetilos.

Ademais do anterior esta sección trata de reflexionar a modo de resumo práctico sobre todas as cuestións claves relativas á empresa, así como de todo o falado pola mañá, sempre de forma dinámica e divertida.

Icono valores mercado

AS INSTITUCÓNS E SÚA IMPLICACIÓN COMO ELEMENTOS CLAVE PARA A TRANSFORMACIÓN DO NOSO MERCADO

 

Un panel con asistencia de políticos para un debate final no que analiza como ven estas ferramentas as administracións públicas, e a forma en que a súa implicación pode aplanar o camiño ao tecido empresarial.