Ponentes

Manuel L. Pan

pan phottic marcus

Dedícome a recoller historias por todo o mundo como director de Phottic, a onde chego despois de 20 anos axudando a centos de marcas na súa estratexia en internet. Sempre me gustou moitísimo a colaboración con outras persoas e empresas e foi iso parte da clave de levar tanto tempo neste mundo da internet.
Aínda que veño do mundo do deseño industrial acabei nisto de internet por casualidade no ano 1997 e desde esa todo foi formarse a autoformarse, un post grado en Telemática na UDC, un de planificación de destinos turísticos na UOC e un mini MBA de dirección de empresas TIC no IESIDE, formando parte da dirección de diferentes asociacións como a de Turismo da Costa da Morte, a de Empresas de Internet de Galicia, o Cluster Tic de Galicia, …

Gústame moito devolver o que me teñen ensinado durante todos estes anos, co cal sempre que saco tempo gústame axudar a empresas a marcar a súa estratexia de futuro, din que se me da ben 🙂